0-5: Segundo triunfo consecutivo do Cadete

O ‘filial’ venceu a domicilio á SCD Milagrosa grazas aos goles de Aroa, Sara Rodríguez, Ester e Lucía Caride, sentenciando na segunda metade.

Continúa o bo momento de forma da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que logrou a segunda vitoria consecutiva tras gañar a domicilio á SCD Milagrosa (0-5). O noso ‘filial’ sumou o seu terceiro triunfo e o segundo fóra de O Seixo na Liga Galega Cadete. As de Sobrino conseguiron os tres puntos grazas a unha boa segunda metade, onde sentenciaron o partido.

O Cadete saltou ao terreo de xogo con iniciativa pero sen xerar perigo e con numerosas imprecisiones no pase, mentres que as locais decidían ceder o peso do partido ás azuis. Malia a superioridade, o ‘filial’ non lograba converter as oportunidades que xeraba no área rival. Foi Aroa a que rompeu o empate inicial. Ao filo do medio tempo, un córner executado por Candela Bouzas provoca un carrusel de rexeites que aproveita a lateral para adiantar ás pontinas. Gol que soltou os nervios das xogadoras de Sobrino.

Doblete de Sara Rodríguez na segunda metade

Catro goles máis
Milagrosa tiña que intentalo despois do paso por vestuarios. Pero non ía tardar moito en marcar o conxunto de Sobrino. No minuto 59, Sara Rodríguez rematou desde fóra do área e puxo o 0-2. O filial quería máis e Sara Rodríguez, tras un bo ‘chut’ afastado, o balón golpea o longueiro e bota dentro do área. Malia as protestas locais, o colexiado Adrián Estraviz dá por válido o gol, 0-3. Catro minutos despois, xogada de calidade de Ester. A centrocampista recibe o balón e encara a portería regateando a tres rivais e definindo perfectamente ante Lara. A partir dese gol chegaron moitas ocasions para as azuis, pero Lara converteuse na estrela do encontro con varias paradas de gran merito para a porteira do Milagrosa. Cando o partido languidecía, outra boa internada de Ester acabou cun exeite de Lara que aproveita Lucia Caride para marcar o seu primer gol ca camisola do Rosalía e pechar o resultado final, 0-5. Finalmente, segundo triunfo consecutivo para as de Sobrino.

O técnico valoraba a vitoria ao remate do partido: “Vitoria na miña opinión merecida donde fomos superiores dende o primeiro momento. Moi contento ca actitude de todas, un partido donde se repartiron os minutos con todas as xogadoras e todas puderon aportar o seu grao de area na vitoria”.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content