Primeiro amigable da pretemporada

O noso equipo xoga o seu primeiro amigable nesta fase de preparación (10:30h, domingo).

Primeiro test para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía Infantil, que afronta o seu primeiro amigable da pretemporada. As de Quique Álvarez mídense no Municipal de Oira (10:30 h, domingo 11) co obxectivo de iniciar a fase de preparación con minutos de xogo. Mañá teñen un esixente encontro fronte a un rival que se proclamou subcampión da liga Galega Infantil Feminina a pasada campaña.

O infantil arrincou esta pretemporada o pasado martes. O noso equipo terá esta tempada numerosas novidades ao subir o bloque de xogadoras que a pasada campaña pertenceron ás Promesas ‘A’.

Sara, completará a súa segunda tempada no Infantil.

Para o partido están convocadas todas as xogadoras, confirmando as baixas de Alba e Ainhoa. O corpo técnico, en declaracións á nosa web afirmou que “a idea para este partido é simplemente seguir coñecéndonos e adaptándonos tanto nós a elas como elas a nós, e porsupuesto entre elas. Pedirémoslles o mesmo que esteas 3 días; alegría, actitude e intensidade. Por agora pedirlles máis sería inxusto. Estamos moi contentos co traballo desta semana vemos ilusión e xa moito traballo que se fixo o ano pasado”.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content