Tobaruela: “Estamos ocupadas en traballar a fondo o noso modelo de xogo”

“Estou ben contento”, dixo o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en rolda de prensa telemática ante os medios de comunicación na previa do sexto amigable de pretemporada, que xogará a Escola de Fútbol Feminina Rosalía contra a Vitoria FC ‘C’ no Municipal de Oira (domingo, 12:00 horas): “Desta vez xogamos contra o Victoria C, que é da nosa categoría”.

“En Santiago enfrontámonos ao ‘B’, de Primeira Galega. Todo fai presupoñer que imos estar máis igualadas, pero en fútbol nunca se sabe. Este deporte non é unha ciencia exacta”.

Baixas
“Convoquei a 15 xogadoras, precisamente o mesmo número que se desprazou a Santiago para xogar contra o Victoria B. Eu sempre digo o mesmo: o equipo está por riba das invidualidades. E adestramos para que calquera xogadora do sénior que xogue o equipo saia beneficiado”.

“As estadísticas non me preocupan”

Pere Tobaruela, adestrador da EFF Rosalía senior

Invictas en Oira
“As estatísticas non me preocupan. Estou, estamos ocupadas en traballar a fondo o noso modelo de xogo e todas as súas variantes. Neste sentido estou ben contento, máis alá dos resultados”.

Preparación do equipo
“Neste partido imos a traballar en dous sentidos. En primeiro lugar, incidir nas características básicas e fundamentais do noso modelo. E a partir de aquí, practicar algunhas variantes do noso sistema de xogo”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content