Vitoria na estrea na Liga en Oira

As pontinas impuxéronse ao Cacheiras grazas aos goles de Zaira, Noui, Sampayo, Candela e Vicky.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía estreouse con vitoria no primeiro partido da Liga no Municipal de Oira. O noso equipo impúxose ao Cacheiras en casa, nun encontro que dominou desde case o inicio do mesmo. As dúas primeiras chegadas foron visitantes. Zaira asinou o 0-1 no primeiro achegamento local, aumentando a ventaxa Noui antes de cumprirse os 20 minutos e, a pesar das numerosas ocasións, houbo que esperar ao segundo tempo para que Sampayo, Candela e Vicky asegurasen o triunfo co 0-5. As de Tamayo inician a tempada en casa da mellor forma posible.

O partido empezou con dominio para as teenses, que protagonizaron as dúas primeiras chegadas de perigo en área rival. Sofía Méndez foi a primeira cun tiro que Noa rexeita a córner e a súa compañeira Viviana, aos 10 minutos, atopouse novamente coa boa colocación da nosa gardameta. A partir de aí o domino do partido xa estivo en mans das xogadoras de Alberto Tamayo. No minuto 11, Zaira presiona a saída de balón, recupera e marca o 1-0. Catro minutos despois, Noui avisa antes de marcar o seu gol. Bonjoch filtra un balón que a dianteira remata despexando Nuria. No 18′, Zaira iniciou unha gran xogada para supera ao seu defensa e pasar o balón a Noui en área pequena, onde a goleadora anotou o segundo tanto a pracer. O noso equipo dominaba a ofensiva e Bonjoch protagonizou unha nova ocasión blocando Nuria (30’). Pasada a media hora de xogo, Candela, unha das mellores onte, provocou co seu tiro unha nova chegada que, tras o rexeite de Nuria, Noui remata desviado. A última ocasión chegou por medio de Sabela a un minuto do descanso; o disparo da barbadesa deteno Nuria sen complicacións.

Vitoria da EFF Rosalía na estrea no Municipal de Oira.

Rosalía aumenta a vantaxe
Despois do paso polos vestiarios, Candela puido aumentar de novo a renda do noso equipo tras un chute da centrocampista, pero o seu tiro marchouse rozando o pau (47’). Dez minutos despois, un balón en longo á carreira de Sampayo, remátao a lateral de primeiras, Nuria toca o esférico pero termina igualmente no fondo da rede (3-0). A piques de cumprirse a hora de partido, Clau, nunha internada desde a dereita, estivo preto de marcar tras un tiro na área que desviou a porteira rival. Inmediatamente despois, Laura tamén o tentou cun remate coas costas á saída dun córner que despexa Nuria cunha gran estirada. As ocasións non deixaban de sucederse ao lado pontino e, no 66’, chegou o cuarto tanto. Filtrou Clau un bo pase a Candela no bordo da área e o seu disparo por arriba serviu para rubricar o 0-4. Vicky, que entrou no 68′ por Candela, quixo aumentar máis a renda aproveitando un asistencia entre liñas de Aldarita para marcar no man a man ante a meta rival no 75′. Finalmente, o noso equipo impúxose por 0-5, a pesar de seguir tentándoo, primeiro con dous remates de Aroa e outro de Vicky que para Nuria sen problemas.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content