Terceira vitoria consecutiva da tempada

O equipo de Quique e Castro venceu ao Tomiño a domicilio grazas aos goles de Miriam (3), Sofía e Andrea.

O Infantil continua invencible e sumou o seu terceiro triunfo consecutivo ao imporse ao Tomiño en O Alivio. Os goles de Miriam (3), Sofía e Andrea, deron o tres puntos ao conxunto pontino no seu terceiro compromiso de Liga. Así, o conxunto dirixido por Quique e Diego Castro mantén o pleno de vitorias nos tres partidos disputados ata a data, non encaixando ningún gol.

O partido estivo marcado polo frío e a néboa que acompañou a ambos os equipos durante os primeiros minutos de xogo. Esta situación provocou que ás nosas custáselles trenzar xogadas nos primeiros minutos ata que o equipo acabou asentándose sobre o campo. Unha vez o equipo ordenouse sucedéronse as chegadas e as ocasións máis claras buscando as costas que as centrais do Tomiño, que saíron coa súa liña defensiva moi adiantada, á altura do mediocampo. O primeiro gol nace dunha parede na frontal da área na que Sara deixa soa a Miriam para abrir o marcador ao cinco minutos. Sete minutos despois, o noso infantil ampliou a distancia. Arrincou a xogada Sara desde liña de fondo para sumar sua segunda asistencia. A centrocampista centra e Sofía cabecea á esquina inferior dereita superando á gardameta rojilla.

Na segunda metade, as pontinas sentenciaron un partido no que o noso equipo non perdeu o control en ningún momento. Do 49′ ao 52′ Miriam completou o seu particular ‘hat-trick’. A centrocampista recolle un rexeite á saída dun córner e armou a perna para un disparo que se coou entre o tres paus. O terceiro da súa conta particular fraguouse desde o sector dereito, Ainhoa centra e Miriam consegue baixalo co xeonllo e rematar de socato ante Adriana. Unha vez superada a metade da segunda parte, Andrea poñía a guinda a un bo partido, para cerrar o resultado nun man a man ante a gardameta local (minuto 64; 0-5). A partir dese momento, as azuis controlaron o tempo do partido sen crear máis perigo en área visitante.

“Outra semana máis nos imos con moi bo sabor de boca. As nenas están a realizar traballo espectacular”, dixeron os técnicos ao termo do encontro.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content