“Gañamos todos os partidos menos un que empatamos”, añadiu o técnico.
Pere Tobaruela atendeu aos medios do club en zona mixta do Municipal de Oira despois de lograr a 11.ª vitoria en doce partidos en casa ante CF Cañiza no denominado ‘derbi da A52’. O técnico dixo: “Hoxe xogamos o derradeiro partido de Liga en Oira, un partido no que pasara o que pasara quedabamos segundas do grupo,. Aproveitamos para facer rotacións e probar algunhas cousas e saiu un partido moi desigual, cunha primeira media hora a bo nivel e despois cun certo relaxamento, mais fomos quen de acabar impoñéndonos a unhas rivais que mantiveron unha boa profundidade defensiva”.
“Está claro que a tempada pudio acabar mellor se acabáramos en primeira posición, mais a pesar de intentalo e ter opcións ata a penúltima xornada, acabamos en segunda posición. O Lóstrego foi máis regular ca nós”.
Relaxación na segunda metade
“Non vou negalo, a segunda parte empezámola cun cambio de sistema quen non acabou de callar. Tivemos que pasar outra vez ao sistema de xogo inicial e por momentos pareceu que mellorabamos, mais non se competiu coa tensión que haberá que facelo a semana vindeira que comeza a fase de ascenso”.
Rotacións
“Repartir os minutos para que todas as xogadoras se sintan importantes e parte do proxecto sempre é bo. E diso estiven pendente durante toda tempada”.
Sensacións cara o playoff
“Por mor da pandemia, ultimamente houbo que adaptar a competición á situación sanitaria. Esta tempada, por así dicilo, foi unha tempada máis normalizada, de longa duración, con moitos partidos, como ten que ser. E tivemos momentos mellores e peores. Ao rematar chegamos con acumulación de experiencia e, a partir de agora, teremos que afrontar unhas eliminatorias a partido único que, de todas todas, van ser complicadas. Non vai haber rival fácil, mais confío plenamente na capacidade do equipo”.
Invictas en Oira
“Pódese dicir que xogar na casa de momento sempre foi positivo polo que fai aos resultados: gañamos todos os partidos menos un que empatamos”.