1-2: O Cadete cae ante o Mos

O ‘filial’ mereceu máis nun encontro que se decidiu no 44′.

O Cadete non puido sumar na súa volta ao Seixo, onde aínda non coñece o sabor da vitoria. O ‘filial’ encaixou un tanto nos primeiros minutos da segunda parte que deu o triunfo ás visitantes. Durante os primeiros compases do encontro a intensidade foi a nota predominante. Ester foi a primeira en mostrar o seu perigo pouco despois do pitido inicial con varias incursión por banda, pero todas elas non cegaron a bo porto. Con todo, unha lesión de Candela Bouzas aos cinco minutos cambiouno todo. O seu cambio aproveitouno as visitantes para dar un paso adiante e tivo o seu recompensa aos 17 minutos. Marta adiantaba ao Mos logo dun lanzamento de falta afastado.

As azuis seguiron apretando e buscando as costas da defensa moense. Nos últimos minutos da primeira parte, unha vez recuperada do seu golpe, Candela Bouzas empataba o partido. A xogada comezou cunha cesión a Yanira e posterior lanzamento de libre indirecto. Lidia encargouse de asistir á centrocampista que superaba á porteira, era o minuto 39′.

A máxima goleadora visitante da a vitoria as amarelas

Tralo paso polos vestuarios, o Mos non tardou en crear perigo. As visitantes aproveitaron un desaxuste defensivo para adiantarse novamente logo dun rexeite de Valeria que acaba nas botas de Sara Cuiñas. A dianteira non perdoa, 1-2. Foi entón cando as xogadoras de Jorge Sobrino se volcaron definitivamente ao ataque, gozando de grandes oportunidades en varios mans a mans que foron desperdiciados tanto por Yanira como polas defensas visitantes. O marcador non se moveu mais e con iso chegou o pitido final.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content