50 nenas participarán este verán. A sede de Soutopenedo vístese de ‘azul’ esta semana.
Este luns arrincou o III Campus de Fútbol Feminino da Escola de Fútbol Feminina Rosalía en colaboración con Ociosaugal nas instalacións deportivas do Concello de San Cibrao das Viña no Corgo – Soutopenedo. Un total de 50 nenas foron os primeiras en gozar dunha experiencia lúdico-educativa de fútbol e valores para un adecuado uso do tempo de lecer. Esta tempada as protagonistas, con idades comprendidas entre os 5 e 15 anos, convivirán practicando o seu deporte favorito en cinco xornadas matinais.
Ademais de adestramentos específicos para xogadoras e porteiras, traballo de tecnificación e conceptos básicos relacionados co fútbol, poderán formarse con charlas orientadas ao desenvolvemento de valores necesarios para as deportistas, ‘yincanas’, a ‘Ociosaugal League’ e unha xornada lúdica na praia.
Na primeira xornada, as participantes puideron compartir adestramentos coa xogadora do Real Avilés Feminino, Patri Rúa, que se converteu nunha integrante máis do campus.