Canal: “Máis que por superioridade física, foi superioridade técnica das nosas”

“O Mosteiro estivo lastrado polas lesións, ainda que máis que superioridade física, foi superioridade técnica das nosas”, analizou o técnico.

Iván Canal compareceu en sala de prensa do Monte da Aira tralo encontró entre a EFF Rosalía e o CD Mosteiro. O técnico dixo: “Partido a priori sinxelo pero que nos costou entrar nos primeiros 20 minutos. A partir de ahí melloramos de cara a portería con dous goles. Na segunda parte fixemos gran xogo e melloramos moito con respecto a primeira. Contento polo xogo que fixemos e pola victoria”.

“Foi un partido relaxado a nivel defensivo, ainda así a nosa defensa tivo tres erros que non influiron nun resultado negativo para o equipo pero noutro partido ao mellor, si”.

Lucía Vázquez dienteira
“A ningunha xogadora a encasillo nunca nunha posición. Todas deberían xogar en varias e comprender ás diferentes situacións de cada posición. Lucía metina de dianteira nesta ocasión pero o mellor noutro partido a meto de lateral ou interior. Elas están para axudar ó equipo, neste partido era necesario que xogara de dianteira para que outra xogadora como Silvia probase de interior”.

Novas oportunidades para as menos habituais
“Hay un grupo de xogadoras que teñen que mellorar e seguir crecendo pouco a pouco, hay que ter paciencia, e eso conséguese tamen xogando minutos. Están progresando lentamente pero vexo que melloran e estoy contento por elas. Se poñen da sua parte seguirán medrando”.

Polémicas declaracións na previa
“Eu son unha persoa clara, directa e sen tapuxos. A xente que me coñece sabe que son moi sincero e digo o que penso sempre, intentado ser sempre respetuoso e educado con todo a mundo, a veces se consegue e outras non. O Mosteiro e un equipo inferior a nós técnicamente, físicamente e tácticamente por compresión do xogo das xogadoras, decir o contrario estaría mentindo a min mesmo, os demáis e as xogadoras. Decir iso non e faltar ao respecto e decir a realidade, e hoxe viuse. Eso non quere decir que sexa inferior a nos como clube ou escola, eiquí todos os equipos somos iguais xa que estamos todos na mesma categoría. Eu cando digo inferior refírome en canto o nivel de xogo do equipo. Ademáis, é un equipo que coñezo porque o vin xogar duas veces ista temporada e por iso podo decir o que dixen. Sempre que digo as cousas e por algo que podo argumentar. Nunca falarei de algo se non o coñezo de primeira man.  Deséxolle todo o mellor ao Mosteiro e as suas xogadoras. Eu nunca direi algo con mala intención e facer dano”.

Santi Núñez, adestrador provisional do CD Mosteiro.

Pola sua parte, Santi Núñez, adestrador de circunstancias do Mosteiro analizou en zona mixta: “Chegamos a Ourense con 14 convocadas e o Rosalía foi superior, teñen moita calidade, son moi xóvenes pero, a parte das lesións, intentamos competir ben, combinar un pouco para chegar arriba pero o 6-0 fai xustiza ao visto no campo porque elas son superiores e teñen moita calidade”.

Lastrados polas lesións
“Pois si, de feito rematamos con dez. O equipo rival tivo un bo xesto e sacou a unha xogadora tamén. Xa fixemos por esa circunstancia dous cambios no primeiro tempo, levan así toda a tempada as chicas e bastante fan competindo e vindo aos partidos a desfrutar do fútbol”

Seguir loitando
“Non queda outra, intentar puntuar e facelo da mellor maneira posible”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Skip to content